Cervo, 25 de marzo de 2014- A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, destacou que “no cortar unos árboles enfermos y con un alto riesgo de caer sobre las personas o edificios históricos hubiera sido una irresponsabilidad, especialmente teniendo en cuenta que anteriormente varias ramas habían dañado vehículos”. “Afortunadamente en esas ocasiones no hubo que lamentar daños personales, pero no podemos correr riesgos y dejar la vida de las personas a merced de la suerte”, engade lembrando ademais os fortes temporais sufridos nos últimos meses.
Ao mesmo tempo, a edil destaca o mal estado das árbores eliminadas. Por unha banda cortáronse 7 piñeiros, atacados por pragas e enfermidades, que ademais eran de grandes dimensións e idade moi avanzada, o que os facía aínda máis inestables e propensos a que as súas pólas se desprendesen. Tamén se cortaron 13 acacias, unha especie foránea e invasora, ao igual que eucalipto, tamén de tamaño elevado e podres no seu interior.
A edil insiste de novo en que “el Concello quiso proteger la seguridad de las personas y también la conservación del patrimonio”. Ao mesmo tempo pregúntalles aos grupos da oposición “qué habría pasado si en uno de esos fuertes temporales hubiera caído un árbol de gran tamaño sobre una persona o un edificio histórico? El responsable sería el Concello, por saber que los árboles eran un peligro y no haber actuado en consecuencia”.
Da mesma maneira, a responsable de Medio Ambiente asegura que o Concello vai solicitar as autorizacións pertinentes para poder iniciar a plantación de árbores autóctonas na área recreativa e que virán a substituír as plantas invasoras que crecían ata o de agora.