Cervo, 19 de setembro, 2025. O Concello de Cervo convida a participar na Romaría de Santa Eufemia de Trasbar, que se celebrará durante toda esta semana organizada pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar coa colaboración do propio Concello. A cita, que arrinca mañá martes 16 de setembro, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por representantes da asociación de veciños.
O venres 19, ás 22:30 horas, dará comezo a festa coa Disco Móbil Conxuro.
O sábado 20, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne e procesión na honra a Santa Eufemia, seguida da sesión vermú co grupo Alaska, que repetirá pola noite na gran verbena a partir das 22:30 horas xunto coa Disco Móbil Conxuro.
O domingo 21, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne e procesión na honra da Virxe do Carme e San Antonio, continuando coa sesión vermú a cargo do dúo Son de Festa, e ás 20:00 horas será a misa solemne na Capela de Arriba.
O Concello de Cervo anima a todos os veciños e visitantes a gozar destas Grandes Festas de Trasbar.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.


