A Federación Provincial de APAS de Lugo critica que “non temos dabondo con ter que repagar o comedor escolar, con ter que pagar un diñeiral polos libros de texto que agora tamén temos que pagar polo mantemento dos centros”, se preguntan.
Neste sentido, pregúntanse tamén que pasa coas Administracións Públicas e coa Consellería de Educación que “xa estamos deixando nas mans do pobo ata os servizos máis mínimos para poder ter un centro educativo coas mínimas condición onde os nos@s fil@s poidan estudar”.
Así mesmo, critican que “non chega con que profesoras, nais e pais teñan que pintar aulas de algúns centros para que estean nunhas condicións mínimas, non chega con que nalgúns centros se pida diñeiro para folios, non, agora tamén nos piden cartos para mantemento”.
Polo tanto, piden á Administración que solucione estes problemas e ós directores “que non sexan cómplices desta desfeita da escola pública” amparándose en que “é moi fácil pedirlles as nais e pais baseándonos na mellora do centros para os nos@s fill@s”; pero advirten que “xa pagamos cos nosos impostos”.
Finalmente, dende a Federación diríxense ó Xefe Territorial de Lugo da Consellería de Educación para denunciar este novo timo ás familias preguntándose se este vai ser o novo sistema que a Consellería de Educación siga para manter os centros.