O pasado domingo pola mañá foi proveitoso para os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo.
Carmen López e Arabela Martínez lograban a primeira e segunda posición na carreira solidaria de Baleira; mentras que Ana Vallines engadía unha nova medalla de prata ó seu currículum en Oviñana (Cudillero-Asturias). Do mesmo xeito, o seu irmán, Fernando, obtiña a cuarta posición.
Por outra banda, Manuel Folgueira competía en Cacheiras(Teo) nunha carreira popular na provincia de A Coruña entrando entre os 40 primeiros da xeral.