A Concellería de Cultura organiza unha representación teatral a cargo da compañía A Tropa do Vicedo, da que forma parte o laurentino Ismael Terrón. Representarán a obra titulada Malentendidos este domingo, día 16, ás oito da tarde no salón de actos municipal. O prezo da entrada é de un euro. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou que “é unha función que quedara pendente de incluír no ciclo Febreiro Teatreiro, pero como non estaba estreada a peza que a compañía nos vai presentar tivemos que retrasala uns días. Era unha débeda coa propia compañía xa que na mesma intégrase un laurentino, Ismael Terrón, feito polo cal nos interesaba contar coa presenza deles en Lourenzá”.
A Tropa do Vicedo actuará en Lourenzá
A Tropa do Vicedo actuará en Lourenzá
Relacionado
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
-
O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu este sábado a IX Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia organizada por Faxpg.