Recentemente a ACD.XOVE estreou unha nova páxina web: www.acdxove.es, moito máis moderna, adaptada para poder ser vista perfectamente en todo tipo de dispositivos (pc, móbiles, tablets, etc..) cunha gran vistosidade, e cunha ampla información de toda a actividade que desenvolve a Asociación Cultural-Deportiva “Xove”. A web estreouse cunha entrevista a Pablo Sánchez Lage, Técnico Informático responsable da súa elaboración, e na cal nos conta toda a súa aventura no mundo da informática, como funciona a web, ademais dos novos apartados que ten.
ACD Xove estrea web