Cervo, 15 de marzo de 2014- A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, lembroulle este sábado ao voceiro do BNG, Xoán Antón Estúa, que foi o bipartito PSOE-BNG o responsable de que o saneamento de San Cibrao non se construíse antes.
Alonso explica que a Xunta do PP tiña contratada a execución da EDAR e da rede de saneamento, pero cando o bipartito chegou ao goberno, cancelou o contrato. Unha suspensión pola que a Xunta, en mans de PSOE e BNG, tivo que pagar 200.000 euros de indemnización á empresa adxudicataria. É dicir, que “el bipartito prefirió perder 200.000 euros antes que dotar a San Ciprián de un servicio básico como el saneamiento”, asegura.
Por iso Alonso lamenta o “cinismo” de Estúa cando fala dos prazos da execución do saneamento, que xa está construído e está só pendente da entrada en funcionamento do emisario submarino, prevista para este mesmo ano. Por iso, a edil lembra que “la Xunta PSOE-BNG es la única responsable de que San Ciprián no tenga el saneamiento en marcha”. Neste sentido a responsable de Medio Ambiente aproveita para pedir explicacións a Estúa sobre a actuación do bipartito: “Aún hoy en día no entendemos como una administración puede preferir pagarle a una empresa antes que mejorar el bienestar de los vecinos”.