Miro Casabella naceu en Ferreira do Valadouro o 30 de agosto de 1946 como Ramiro Cecilio Domingo Casabella López. Cantor, autor e músico, unha das figuras máis representativas da cultura galega dos últimos 50 anos; un mariñán de recoñecida traxectoria. Prohibido e censurado nos últimos anos da dictadura polas súas conviccións políticas e sociais.
Por onde pasou deixou a súa marca; a súa mensaxe como un verdadeiro embaixador da cultura en cada unha das súas cancións .Humanista, defensor do pensamento libre, un home renacentista, atento a todo aquilo que significa cambiar a vida. Un home e un artista coa maxia de crear luz de onde só hai tebras.
Participa activamente de diversos festivales internacionais, como representante da loita a favor da liberdade do pobo galego e de outras nacións oprimidas por gobernos fascistas, e como referente ineludible do canto popular galego e ibérico.
Viviu gran parte da súa infancia en Ferreira do Valadouro ata a sua adolescencia, que seguramente marcarao no que logo será o seu repertorio de cancións influenciadas e identificadas coa contorna que o rodeou durante eses anos de vida. Trasladouse a Barcelona, donde grabou en o sello catalán, por excelencia: EDIGSA, as suas primeiras cancions , ali estudiou Aparellador , nos 70 volta a Galicia donde desenrrola a sua carreira profesional e graba os seis mellaros discos, soio ou con grupos como Doa.
Entende Miro o cantar como unha circunstancia feliz de a comunicación directa entre o cantor e os seus oíntes condicionada polo medio social en que se produce, que no seu momento adquire un carácter testimoniale ten un significado cultural preciso. Para Miro unha canción de protesta non é máis necesaria que unha canción de amor, si esta é necesariamente fermosa.
A canción popular, en Miro Casabella, o mesmo que o idioma, é unha ferramenta de traballo. Tan apta para o seu servizo específico como calquera outra ferramenta posible. A súa utilidades de comunicar certos contidos, en condicións ideais de tránsito .Desde aquí ata alá, o camiño máis curto é a liña recta. Si tal canción enche ese requisito, xa é unha mensaxe, ten un destino inmediato. Si esa mensaxe é memorable, é porque a poesía e a música traballan a favor. Aínda que ambas non sexan alleas ao home .Ben ao contrario, na perdurabilidade posible dunha canción, van implícitos todos os esforzos da humanidade para ocupar ese lugar innominado, que eu lle chamaría a gozosa certidumbre de ser un home entre os homes.
Por todo esto e moitas cousas mais, OS AVENTADOS rindenlle hoxe un merecido homenaxe entregandolle o galardon ARDELLE O EIXO en San Ciprián.
Otero Regal.