Ribadeo, 21 de marzo de 2014. O Concello regaloulles árbores ás asociacións de veciños para que as planten nas áreas recreativas das súas parroquias ou nos espazos comúns. Deste xeito a Concellaría de Medio Ambiente celebra este venre o día da árbore.
O edil nacionalista Horacio Cupeiro achegouse esta mañá ao CEIP Gregorio Sanz para participar na plantación de varias árbores xunto aos alumnos e alumnas do centro, pero debido á que estaba chovendo a actividade quedou posposta para a vindeira semana. Cupeiro sinalou que “aproveitamos para realizar varios xogos cos cativos e para falar das árbores e da auga e da importancia que teñen para o medio ambiente e para o noso entorno natural”.
O concelleiro de Medio Ambiente dixo que “tamén desde o Concello quixemos regalarlles ás asociacións de veciños de Ribadeo varias árbores: castiñeiros, carballos e outras especies para que as planten nas áreas recreativas das súas parroquias ou nos espazos comúns. A algunhas xa lles foron entregados e outras recolleranos a vindeira semana”.