A pesar de que a maioría da expedición de atletismo das ED Mondoñedo Lourenzá viaxou e participou con gran éxito nas probas benxamín e alevín da 1ª preparatoria de atletismo, tamén en Lugo Claudia Graña participaba e gañaba a 1ª posición da categoría infantil feminino do prestixioso CORRE CON NÓS. Claudia corría 1,5 kms. nun tempo de 5 minutos e 28 segundos; a ritmo de 3,54 o quilómetro.
Proba Clasificatoria Atletismo Pista – Benxamín e Alevín
Alevín masculino (60 metros lisos): Aleix Díaz, sétimo da súa serie cunha marca de 12.34.
Alevín masculino (500 metros lisos):
– Aleix Díaz, primeiro da súa serie cunha marca de 1:36.23.
– Samuel Debasa, sexto da súa serie cunha marca de 1:51.84.
Alevín masculino (1.000 metros lisos):
– Alexandre Santiago, primeiro da súa serie cunha marca de 3:21.78.
Alevín masculino (2.000 metros lisos):
– Nicolás Álvarez, terceiro da súa serie cunha marca de 7:34.80.
– Hugo Villalba, cuarto da súa serie cunha marca de 7:37.67.
Alevín – Salto de altura conxunta:
– Nicolás Álvarez: segundo cunha marca de 1.15 m.
– Xaquín Sánchez: cuarto cunha marca de 1 m.
Alevín – Salto de lonxitude conxunta:
– Xaquín Sánchez: segundo cunha marca de 3.70 m.
– Samuel Debase: duodécimo cunha marca de 2.96 m.
Peso (2 kg.):
– Jerom Moirón: décimo quinto cunha marca de 5.58 m.
– Joel Moirón: décimo sexto cunha marca de 5.20 m.