Este venres 28 de marzo, ás 20,30, na Casa das Letras, a Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo organiza un debate en torno ao ensaio de Xaime Subiela “Para que nos serve Galiza”. Estarán presentes, ademais do propio autor, Xavier Campos, concelleiro de mocedade en Ribadeo, traballador cultural, e membro da Executiva do BNG; Ismael Rego, exdeputado autonómico do PSdeG-PSOE, foi voceiro do Grupo Parlamentario Socialista; Celtia Traviesas, enxeñeira técnica agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Columbia University de NY. Membro do espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica Maumarela de Ribadeo. Convidámosvos a todos e todas a que vos acheguedes ata a Casa das Letras o vindeiro venres 28 de marzo, ás 20,30 para poderdes participar deste interesante debate.





















Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



