As rapazas das ED Lourenzá Ensino continúan segundas na táboa despois de gañar esta fin de semana na casa ó Sondeos del Norte Maristas, as inmediatas perseguidoras, por 79-65.
Con este resultado afiánzanse na cabeza do grupo A da Primeira División Nacional con 33 puntos manténdose por diante das coruñesas que suman 32 puntos cun partido máis que as laurentinas.
Pola súa banda, Universidad de Salamanca continúa invicto na décimo oitava xornada sumando 36 puntos, tres máis que as laurentinas.
A vindeira xornada o conxunto lucense descansa; mentres que na décimo segunda se enfrontará ás colistas 1ª NACIONAL B.T.B. o domingo 30 de marzo ás 18.30 horas no Pazo Provincial dos Deportes.