
O sábado 29 de marzo celebrouse a terceira xornada do Festival de Cine de Alfoz coa proxección da nova película rodada no Val titulada “Nove estrelas e un sombro”. Protagonizada por Manuel Lourenzo, Cachín e nove rapazas do Val celebrou a súa estrea en Alfoz tras un intenso debate sobre o cine galego na actualidade e as súas implicacións artísticas e económicas, no que participaron Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, actor afeccionado da localidade; Matías Nicieza, cineasta e locutor en Radio Burela; Pepe Peinó, director do filme que se estreou; e, sobre todo, os dous actores profesionais Luís Iglesia (protagonista da serie da TVG “Matalobos”) e Xaquín Domínguez (protagonista da serie “Padre Casares”). O debate estivo moderado por Xabier Pardiñas, Presidente so Seminario de Estudos do Valadouro, asociación organizadora do Festival de Cine.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



