RIOTORTO, 14 DE MARZO.- O tenente Alcalde de Riotorto –José García- asegura que as declaracións realizadas polo Partido Popular deste Concello sobre o seu soldo “son totalmente falsas”, pois o seu salario está totalmente axeitado ás responsabilidades que desempeña no Goberno local. Neste senso, asegura que se trata dun exemplo máis da “dobre moral do PP”; Partido que, nas pasadas eleccións municipais, lle ofreceu incluso melloras salarais se o socialista pactaba con este Grupo político.
“Pídolle aos Sres. do Partido Popular que deixen de engañar aos veciños con cuestións que son falsas e que digan a verdade. Que lles expliquen aos cidadáns as melloras que me ofrecían se chegabamos a un acordo para co-gobernar o Concello”. Istos demostra, segundo o voceiro municipal do PSOE, “a política mezquina deste Partido político”.
A nova Lei de Administración Local impide que o Alcalde e o Tenente Alcalde poidan cobrar unha dedicación exclusiva cada un. Por este motivo, subraia o socialista, “xa estamos intentando buscar unha solución, pero o que quero deixar claro é que, a día de hoxe, o meu soldo é totalmente legal”.
O seu traballo xustifica o salario
Con respecto a que José García supera os 65 anos, polo que, segundo os populares, debería deixar de cobrar polo Concello, cómpre indicar que o seu salario está xustificado polo seu traballo como representante dos veciños, de tal xeito que, “o que debe facer o Partido Popular é mirar o que ten na casa porque eles tamén teñen cargos que superan esta idade”. Esta é a extratexia do PP, destaca o socialista, “a intentar enturbiar o traballo que facemos os socialistas en Riotorto. Este é o único fin que perseguen, todo o demais, queda baleiro de contido”, conclúe.