A UNED-Aula Universitaria de Foz celebrará nas vindeiras semana diversos cursos: “Enfermidades mentais. Cuidado da persoa con enfermidade mental”, do 24 ó 28 de marzo de 16:30 a 20:30 horas; “Ofimática para a peme: Follas de Cálculo”, do 21 ó 28 de abril de 16 a 21 horas ou “Relatos Cotiás”, o 25 de abril e o 9 de maio de 16.30 a 20:30 horas. Así mesmo, tamén se impartirá “Tratamento dixital de imaxes”, do 7 ó 15 de maio (mércores de 16 a 21 horas, xoves de 16 a 19 horas, venres de 4 a 20 horas); “Rehabilitación Cognitiva en Demencia. Terapias non Farmacolóxicas”, o 12 e 13 de xuño de 16 a 20 horas ou “Educación Infantil da Teoría ó Aula a Través de Casos Prácticos”, o 19 e 20 de xuño de 17 a 21 horas.
Para máis información na UNED-Aula Universitaria de Foz no teléfono 982 133 699 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



