A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para este martes unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, este martes tivemos a primeira; concretamente A ILL@ D@S NEN@S puxeron en escea o espectáculo “MAXIA Vs CIENCIA”, unha proposta de achegar a ciencia a través da interelación entre a maxia e a ciencia. Esta función tivo dúas partes:
A primeira parte, celebrada de 10:30 a 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, para 100 nenos/as de 2º a 6º de Primaria do Ceip Pedro Caselles: nesta parte tratouse de que @s nen@s gozasen da maxia e a ciencia mesturando o coñececemento coa ilusión. @s nen@s gozaron con experimentos onde unha científica tola retou a un mago a través de experimentos sobre: cores, astronomía, matemáticas, etc. que o mago foi refutando cos seus xogos de maxia.
A segunda parte, desenvolvida dende as 11:30 ás 12:30 horas na Biblioteca Municipal de Xove, e na que participaron 17 nenos/as de 6º de Primaria tamén do Ceip Pedro Caselles, consistiu nun obradoiro no que os participantes desenvolveron un pequeño experimento científico relacionado coas cores.