O hotel restaurante Vila do Val ofrece un menú especial este sábado 29 de marzo con motivo da celebración do VIII Mercado Tradicional Anual de Primavera en Ferreira do Valadouro. O denominado “Menú das Zocas” inclúe sopa, carne de cocido, sobremesa ou café, pan, auga e viño por 19 euros persoa. Ademais no hotel restaurante Vila do Val haberá tapas, galletas da avoa, pataquiñas do Val e os callos típicos dos sábados.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



