A Deputación de Lugo vén de pechar unha nova convocatoria de 25 accións formativas gratuítas sobre novas tecnoloxías para maiores, que se desenvolveu durante o primeiro trimestre do ano no Centro de Innovación Social InLugo, e que ofreceron un total de 142 de formación. Estes cursos contaron cun 80% de financiación europea e foron organizados pola Fundación TIC, encargada da promoción de actividades dirixidas ó fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías entre os lucenses de todas as idades. Neste caso, serviron para promocionar a autonomía persoal dos maiores da provincia e previr o deterioro cognitivo.
A Deputación de Lugo mantén deste xeito o seu compromiso de fomentar a educación, a investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías entre os lucenses de tódalas idades mellorando, neste caso particular, as capacidades persoais dos maiores e fomentando a colaboración ente avós e netos, “contribuíndo á comunicación e ó intercambio de ideas como mecanismos para mellorar a calidade de vida e corrixir as posibles desigualdades sociais”, tal e como afirmou o Deputado de Economía do Coñecemento, Alfredo Llano, o día da súa presentación.
A oferta formativa foi de 9 cursos e 5 obradoiros. Algúns deles xa foran ofertados en pasadas edicións, pero debido á súa boa acollida volvéronse convocar. Os cursos e obradoiros celebrados foron: Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador; Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa tablet; Mantemos en forma o cerebro (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa videoconsola Wii); Atréveste con Internet? Axudámosche (Aprender a usalo ordenador e navegar por Internet); Organízate co teu móbil (Nivel I de uso do móbil/smartphone); Ximnasia mental coa Tablet (memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva con tablet e/ou smartphone); Que son as redes sociais: descubre Facebook e Twitter (crea o teu propio perfil nas redes sociais); O carteiro en Internet: que é o correo electrónico? (Enviar e recibir correos por Internet); Xogamos co corpo (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz coa videoconsola Wii); Avanza e coñece o que podes facer co teu Smartphone (Nivel II de uso do móbil/smartphone); Xogamos coa mente (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva co ordenador persoal); O inglés e as tecnoloxías, queres aprender? (Inglés básico coa axuda de actividades interactivas en Internet); Aprende, comparte e retoca as túas fotografías (Conceptos básicos de fotografía dixital); Movémoonos e xogamos (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz con Kinect e videoconsola Xbox).
Cos participantes nestas accións formativas xa son máis de 300 os participantes nestes cursos, que coinciden en destacar o carácter práctico dos cursos, que lles permitiron incorporar á súa rutina cotiá moitas das cousas aprendidas nos mesmos, como empregar o correo electrónico, solicitar cita para o médico por internet ou realizar videochamadas para manterse en contacto con amigos e familiares.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



