“Ceo e mar” do Bar Maruxaina proclamouse gañadora do XIII Concurso Gastronómico do Ourizo. Así o estimou o o xurado composto por Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, Alberto González, do Silabario, ambos estrela Michelín, Jorge Mira, científico e investigador, Pilar Martínez, autora dun blog de cociña, e Alejandro Fernández, membro da Confraría do Oricio de Xixón.
Unha representante do Bar Maruxaina recolleu o premio baseado nunha figura conmemorativa e 90 euros. O segundo premio, dotado cunha figura conmemorativa e 60 euros, foi para “Nido de mar” do Mesón A Bodega; mentres que o terceiro recaeu en “Tosta de ourizo” do Racións A Sombriza que se fixo cunha figura conmemorativa máis 30 euros.