Alfoz, 15 de marzo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga asistiu, este sábado, á primera xornada da II Edición do Festival de Cine de Alfoz, unha iniciativa posta en marcha polo Seminario de Estudos do Valadouro, en colaboración coa Área de Cultura da institución provincial así como do Concello de Alfoz. No acto inaugural tamén participaron Xabier Pardiñas en representación da entidade organizadora, e Pepe Peinó, en calidade de Concelleiro de Cultura.
Durante esta xornada inaugural, proxectouse a curta documental “Mercado Medieval de Alfoz 2013”, dirixido por Miguel García, Director e produtor mindoniense colaborador nas dúas edicións do Festival de Cine de Alfoz. No ano 2013 o Mercado Medieval de Alfoz chega á súa décimo quinta edición, e de novo os habitantes de Alfoz, traballando arreo e ombro con ombro, fan posible que volta ó pasado, á Idade Media e á época gloriosa de Pardo de Cela, sexan unha realidade.
Seguidamente proxectouse a curta de ficción “Mr. Smith and Mrs. Wesson”, dirixida por Jorge Saavedra, director de diversos traballos como a serie de ficción “Matalobos” da TVG. Epara finalizar o acto, entregóuselle un obsequio conmemorativo pola súa participación neste 2º Festival de Cine de Alfoz a Miguel García, director do primeiro filme e produtor executivo do segundo.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga referiuse ao Festival de Cine de Alfoz como “unha oportunidade idónea para as veciñas e os veciños da comarca de disfrutar e coñecer de primeira man cinema e proxectos do audiovisual galego e que habitualmente non se pode visionar en salas de cine comercial”.
O festival continuará os vindeiros sábados, 22 e 29 de marzo, coas proxeccións do filme O Apóstolo e Nove estrelas e un asombro, e o 5 de abril, coa proxección de Vilamor, “película con cuxa produción colaborou a área de Cultura da Deputación de Lugo no ano 2012. Un filme que ten unha importante compoñente cultural e que descobre dunha forma literaria unha parte da historia do territorio no que transcorre e, polo tanto, da historia da nosa provincia”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



