Barreiros, 18 de marzo de 2014. O BNG de Barreiros votou no pleno celebrado onte en Barreiros en contra dos orzamentos presentados polo goberno de Alfonso Fuente por considerar que “son uns orzamentos que reflicten que non existe ningún proxecto de futuro para o concello de Barreiros”.
“Nas contas presentadas, poden verse datos tan relevantes como que un concello como o de Barreiros ten que afrontar pagar todos os meses, a partir deste mes de agosto, máis de 37.300€ para devolver o préstamos a dez anos que o goberno do Estado estableceu para o pago a provedores. Mentres neste ano se destinarán preto de 296.000€ para o pago desta débeda; no mesmo período, todas as inversións que realizará a entidade municipal terán un custo de pouco máis de 185.000€, reducíndose en máis do 58% con respecto ao exercicio pasado. Fronte a esta redución, a partida destinada a defensa e asesoría xurídica increméntase nun 50%, chegando a orzamentar 40.000€ para este gasto.”
Para a formación nacionalista, “con estes orzamentos pouco futuro lle agarda ás veciñas e veciños de Barreiros que ven como os seus impostos e taxas seguen subindo, sen recibir nada a cambio.” Como exemplo máis claro, os nacionalistas explican que “tendo en conta o estado no que se atopa a rede viaria deste concello, que se adiquen 97.000€ para o seu arranxo (entre o gasto corrente e a inversión) é un insulto para as persoas que están a pagar os seus impostos neste concello.”
“O caso do concello de Barreiros é máis sangrante que o de calquera outro, xa que un concello de pouco máis de 3.000 habitantes ten unha débeda viva de cerca de 2.500.000€; pero é que ademais, este concello, non tivo problemas económicos ata que o goberno de Alfonso Fuente comezou a dilapidar o diñeiro e acaba tendo que pagar uns 4.000.000€ dun crédito, despois de ter tido ingresos de cerca de 2.000.000€ nun só ano. Polo tanto, no caso de Barreiros, non se está ante un problema económico causado pola crise, senón ante un problema creado pola xestión dos anteriores anos nos que se tirou co diñeiro público.”
Por outro lado, desde o BNG sinalan que “as previsións do Alcalde na recadación dos impostos de bens inmobles ou do imposto de construcións, instalacións e obras non reflicten o optimismo amosado por el mesmo nestes días nos medios de comunicación, xa que as previsións baixan ou mantéñense, nalgún caso, con respecto ás do ano anterior. Visto o visto, parece que nin o propio Alfonso Fuente cre no seu discurso do repunte da construción, co que intenta convencer a todo o mundo de que o seu modelo é de futuro.”



















As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvólvese nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial e unha actuación musical a cargo do grupo de gaitas Axóuxere de Roupar. A continuación, tivo lugar o tradicional xantar no pavillón municipal e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade. Carmela López subliñou que “máis dun terzo do noso orzamento vai para políticas sociais: para que o Servizo de Axuda do Fogar chegue a quen o precise; para que a Teleasistencia funcione 24 horas ao día, porque a tranquilidade das familias tamén é importante; e para ofrecer residencias públicas no rural, garantindo que ninguén teña que marchar da súa terra para recibir os coidados que merece”.
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.



