Lourenzá, 19 de marzo de 2014. Para celebrar o Día da Muller o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acolle unha exposición, o pasado luns unha houbo unha charla para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e este xoves terá lugar outra para os de Infantil, de 3, 4 e 5 anos, e tamén para os de 1º e 2º de Primaria. Ademais tamén este xoves, pero neste caso no salón de actos da Casa do Concello ás cinco da tarde, desenvolverase un obradoiro sobre desigualdade de xénero.
Son actividades organizadas polo Concello e a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que o acto de mañá “correrá a cargo da ong Mundo Cooperante e falarase das desigualdades que sofre a muller en tódolos aspectos da vida. Aínda que hora non é a habitual das charlas mensuais que acostumamos a facer agardamos que teña unha moi boa acollida e que todas as mulleres e homes que poidan se pasen polo Concello”.