O IES Perdouro de Burela inaugura o VI Encontro de BD na Mariña o luns 24 de marzo aproveitando para presentar o número V da revista Banda Desexada, que recolle todo o feito nos encontros do ano pasado así coma traballos premiados na anterior edición, ás 11.00 horas na Biblioteca do centro.
E, como ven sendo habitual nos encontros, o día da inauguración danse cita na biblioteca figuras, persoeiros, bodacillos do mundo do sétimo arte. Este ano pedimos axilio aos superheroes para axudarnos a construir un mundo mellor e loitar contra os viláns. Para iso facemos o seguinte chamamento: “Presenta unha identificación de superheroe (capa, máscara, antifaz ou logo) para poder acceder á biblioteca e gozar dun chocolate cun anaco de lambona.”Xa vos diremos cantos superheroes acudiron a nosa cita. Disque Superman e Capitain América aparecerán polo Perdouro.
Actividades
Presentarse o cartel e tamén se farán proxeccións permanentes de curtas relacionadas co mundo da banda deseñada durante o recreo. Así mesmo, desenvolveranse obradoiros e exposicións en torno á banda deseñada.
Concurso de creación de banda deseñada
O certame que se enmarca nos VI Encontros de BD na Mariña presenta tres categorías: libre ou aberta (na que poderán participar autores de BD non profesionais que non publicasen nunha obra nin en álbums nin en revistas e que non gañasen en anos anteriores), escolar para alumnado de 15 ata 18 anos ou escolar para alumnado de ata 14 anos.
O tema será libre cos textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, sempre que sexan orixinais e que teñan unha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
O prazo de presentación dos traballos remata o 4 de maio.
Calquera información sobre os VI Encontros de BD na Mariña, encóntránse no blog http://bandadesexada.blogspot.com.es/.