Os Arcos protagonizou a sorpresa da décimo novena xornada da Liga de Veteranos de Viveiro ó gañar a O Mesón por 4-6. Pola súa banda, houbo dous empates: Flanagas e Joyeros empataron o luns (2-2); mentres que A Curva e Soho facían o propio o xoves (4-4).
Deste xeito, a clasificación continúa sen cambios significativos co Gato Pardo como sólido líder con 55 puntos. A nove puntos se queda O Recuncho, con 46; e a dez Joyeros e O Mesón. Pecha a clasificación Lodeiro cun único punto.
O resto dos resultados da xornada foron:
Flanagans 2 – 2 Joyeros
A Fonte 1 – 0 Punto Galego
Forum 5 – 1 Lodeiro
Gato Pardo 3 – 1 Cofipesca
O Recuncho 4 – 3 Temple
O Mesón 4 – 6 Os Arcos
A Curva 4 – 4 Soho
E a vindeira xornada disputaranse os seguintes encontros:
Joyeros – O Recuncho: luns 24 ás 20.30 horas.
Gato Pardo – Forum: luns 24 ás 21.15 horas.
Temple – O Mesón: luns 24 ás 22.00 horas.
Punto Galego – A Curva: xoves 27 ás 20.30 horas.
Soho – Lodeiro: xoves 27 ás 21.15 horas.
Cofipesca – Flanagans: xoves 27 ás 22.00 horas.
Os Arcos – A Fonte: xoves 27 ás 22.45 horas.