Foz, 19 de marzo de 2014. Os portavoces municipais de Foz reuníronse con responsables da empresa Gestagua e co técnico encargado de asesorar ao Concello para analizar como debe aplicarse a actualización do prezo do subministro de auga, que leva sen facerse dende o ano 2007. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destaca e agradece a boa disposición que houbo por parte de todos os participantes na xuntanza.
O rexedor municipal explicou que “este martes a xunta de portavoces, formada polos responsables dos grupos políticos da corporación municipal de Foz, reunímonos cos responsables da empresa Gestagua, que é a concesionaria do servizo de augas e depuración do noso concello, e tamén participou na xuntanza o técnico ao que se lle encargou o asesoramento ao Concello neste asunto. Teño que agradecer o clima da reunión por parte de todos os portavoces e tamén dos responsables da empresa. O técnico explicounos perfectamente cal é o desenvolvemento desa fórmula de actualización, porque hai que entender que contractualmente hai un compromiso con Gestagua de actualizar os prezos todos os anos de acordo a unha fórmula na que se aplica o custe da man de obra, da enerxía eléctrica e do tubo. No seu momento había discrepancias en que coeficientes aplicar e o técnico aclarou perfectamente a situación e despois abriuse unha liña de negociación coa empresa”.
Javier Castiñeira engadiu que “todos sabemos que contractualmente isto está ocasionando uns prexuízos a Gestagua por unha débeda que está practicamente cuantificada. A maioría dos grupos entendemos que a fórmula debe aplicarse de acordo ao informe que fixo o técnico e a partir de aí entramos agora nun momento da negociación coa empresa Gestagua para ver como se fai progresivamente esa actualización de prezos. Entendemos dende a corporación que facela toda de golpe sería un grave prexuízo polo que queremos levala a cabo de forma progresiva, pero evidentemente debe entenderse que hai un contrato no que se contempla unha actualización de prezos e dende o ano 2007 os abonados de Foz non tiveron a suba da auga que correspondía por contrato. Por esta situación está sufrindo un grave prexuízo a empresa, que llo trasladará ao Concello”.
O alcalde destacou que na xuntanza de onte “houbo un bo clima e bastante acercamento buscando unha solución a esas débedas. Os grupos expuxeron as súas inquedanzas aos propios responsables de Gestagua, intercambiamos opinións e quero felicitar aos representantes dos grupos políticos e aos de Gestagua porque creo que hai un bo clima para solucionar este problema, que se non se resolve agora ocasionará débedas importantes ao Concello que lle afectarán a esta corporación e a seguinte, posto que o contrato remata no ano 2017. Polo tanto creo que esta é a forma de afrontar este grave problema e espero que se solucione o antes posible”.
























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



