O “turno A” da Alúmina celebrou este venres a súa comida anual no restaurante Buenavista de San Cibrao. Esta cita anual, que naceu a comezos dos 80 reunindo a algo máis de 20 persoas para unha comida no Mesón do Poeta de Burela, continúa incorporando ano tras ano novos compoñentes ata alcanzar neste encontro un total de 80 comensais, que disfrutaron do “bo rollo” que sempre reinou neste turno da planta de Alúmina. Para a ocasión, desprazáronse ata San Cibrao dende Vigo ou de Asturias e tamén asistiu Iglesias, un compoñente da brigada de turno que leva máis de 20 anos xubilado. Na reunión recordouse a algúns dos fundadores desta peña, como é o caso de Argüelles ou de Pedro San José recentemente falecido. Como en todas as edicións anteriores, a xornada vivida serviu para comprobar que a amizade é un sentimento que une ás persoas que integran o TURNO A.
