A A.C. Francisco Lanza de Ribadeo anima a todos e todas a participar nun debate sobre Europa que terá lugar o vindeiro mércores 30 de abril, ás 20,30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo. Convidamos ás organizacións políticas galegas para que nos mostren que idea teñen de Europa. PP, PSOE, AGE, BNG e CxG vannos poder mostrar a súa visión de Europa, de que maneira afectan ás nosas vidas as decisións que se toman no seo da UE, e que poden facer por nós como representantes nosos que aspiran a ser no Parlamento Europeo. O debate vai ser moderado por Farruco GRAÑA, membro da directiva da A.C. Francisco Lanza, de Ribadeo.
Participarán:
PP: Jesús López Penabad, é enxeñeiro técnico forestal. Actualmente é presidente do PP de Ribadeo e coordinador sectorial de turismo na executiva provincial do PP de Lugo.
PSOE: José Ramón Val, licenciado en Ciencias Políticas pola USC, foi delegado provincial de Pesca na Xunta de Galicia. Foi tamén deputado na corporación provincial de Lugo, onde dirixiu a área de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación. Na actualidade desempeña o cargo de voceiro do grupo municipal socialista no concello de Foz e tamén é deputado no Pazo do Hórreo, onde é voceiro de Pesca.
BNG: Olalla Rodil Fernández: licenciada en Publicidade pola UVI. Xornalista e especialista en estudos internacionais. Redactora do xornal Sermos Galiza.
CxG: Paulo Carlos López, licenciado en Xornalismo e en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. É membro do grupo de investigación CIDECOM da USC sobre cidadanía e comunicación. Colabora co Grupo El Correo Gallego e coa revista Tempos Novos.
Estaba prevista a presenza de Xose Luís Outes Ruso, catedrático xubilado de Teoría Económica da Universidade de Vigo, en representación de AGE (Anova-EU), mais problemas de carácter persoal de última hora impídenlle asistir ao debate.
Vaia desde aquí a nosa gratitude ás diferentes opcións políticas pola súa predisposición a participar neste debate e o noso ánimo a todas as persoas interesadas no debate público, neste caso en torno á idea de Europa, a participaren no mesmo.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



