Burela, 24-4-14.- Varios usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” iniciaron este xoves día 24 de abril, unha viaxe que os levará por lugares tan fermosos como Cangas do Morrazo, Moaña, Bueu, Aldán, Combarro ou Pontevedra. Nesta viaxe, que durará ata o próximo domingo día 27, participarán usuarios dos diferentes dispositivos cos que conta a Asociación (CRPL de Burela, CRPL de Ribadeo, Pixo Protexido e Unidade Residencial), acompañados de varios monitores.
Con actividades coma esta ofrecemos aos nosos usuarios unha oportunidade de convivir en grupo e coñecer novos lugares e nova xente; estas actividades teñen por suposto un claro carácter lúdico ofrecendo un espazo e tempo de ocio tan necesarios para obter unha boa calidade de vida para os nosos usuarios. Trátase dunha actividade fundamentalmente social na que se poñen en xogo aspectos fundamentais como a empatía ou o traballo en equipo, todos eles primordiais para o desenvolvemento persoal. Con actividades como esta favorecemos a integración do noso colectivo na sociedade e damos un paso mais para conseguir en definitiva unha boa calidade de vida.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



