O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este martes no Pleno que levará ó Parlamento autonómico e ofrecerá a todos os Concellos de Galicia a iniciativa que blinda ós traballadores das contratas que prestan servizo á administración. “Somos a primeira institución pública de Galicia e a primeira Deputación de España que incorporou cláusulas sociais en tódolos contratos de servizos, pero non nos conformamos con ser pioneiros na defensa dos dereitos laborais. Pediremos ó Presidente da Xunta no Parlamento que siga o camiño que abriu a Deputación de Lugo e impoña obrigas sociais nos contratos que blinden os dereitos dos traballadores”, explicou Gómez Besteiro. Ademais, engadiu, “ofreceremos a todos os Concellos galegos a nosa experiencia para que podan avanzar nesta senda”.
O Goberno provincial informou hoxe ó Pleno das condicións que xa impón a Deputación ás empresas no marco do seu novo modelo de contratación socialmente responsable. O Presidente avanzou neste senso que no mes de maio estarán adxudicados os primeiros 5 contratos de servizos que incluirán cláusulas sociais: os de vixilancia, limpeza, o Centro de Atención ó Usuario (CAU), o proxecto europeo do Goberno Intelixente e a aula itinerante de formación. Estes contratos suman un orzamento total de case 10 millóns de euros.
Por que é innovadora a Deputación de Lugo?
O mandatario provincial incidiu en que existe unha Directiva Europea do ano 2004 que contén previsións moi xenéricas sobre as cláusulas sociais nos contratos públicos, “pero na práctica non se aplica. Na Deputación, non só a aplicamos, senón que somos máis ambiciosos na defensa dos traballadores”. Gómez Besteiro concretou que o organismo lugués é innovador por catro motivos fundamentais:
– Porque xa inclúe cláusulas sociais nos pregos de contratación, unha posibilidade permitida pola Lei no artigo 150 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
– Porque establece rigorosos mecanismos de control e consecuencias para as empresas que vulneren as obrigas sociais.
– Porque non permite unha baixa desproporcionada ou anormal na oferta económica a costa de reducir os custes laborais.
– E porque esixe ás empresas que, ante posibles cambios nas relacións laborais, apliquen sempre o convenio máis favorecedor para os traballadores.
Por un emprego de calidade
A Deputación aplica este modelo de contratación socialmente responsable porque aposta por un emprego de calidade e porque así blinda ós traballadores das firmas que prestan un servizo a esta institución, pois esixe por escrito como condicionante que se garantan durante toda a relación contractual, tanto o número de empregados, como as súas condicións laborais, tipo de contrato e soldo.
Deste xeito, o organismo lugués impide que algunha empresa aproveite e se escuse en leis tan nefastas como a reforma laboral do Goberno central para vulnerar os dereitos dos traballadores en favor de despedimentos en precario ou baixadas de soldo.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



