Representantes dos concellos da zona norte da provincia foron os destinatarios dunha nova xornada formativa impulsada pola DXT, a través da Subdelegación do Goberno, que este luns se celebrou en Vilalba co obxectivo de sumar esforzos a prol da seguridade no ámbito urbano.
A esta xuntanza, á que asistiu a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, estaban convocados representantes dos concellos da zona norte da provincia coma por exemplo, dos mariñáns de Ourol, O Vicedo, Xove, Ferreira do Valadouro, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Trabada, Riotorto e A Pontenova; pero tamén Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Muras, Xermade e Meira.
O primeiro destes encontros celebrouse o martes 1 de abril cos 17 concellos da provincia que teñen Policía Local, e o segundo foi o venres 4 e dirixíase aos concellos da zona sur.
Xornadas formativas
A Dirección Xeral de Tráfico promove estas xornadas formativas co ánimo de impulsar a colaboración entre administracións e de potenciar accións que melloren a mobilidade e a seguridade no ámbito urbano. A DXT quere incidir no feito de que os accidentes con vítimas en zona urbana seguen supoñendo unha alta porcentaxe da sinistralidade vial. De feito, segundo os datos publicados no documento das Principales Cifras de la Siniestralidad Vial 2012, os accidentes con vítimas en zona urbana representan o 57% do total e os falecidos neses sinistros supoñen o 24% do total de vítimas mortais en accidentes de tráfico. Isto supón un aumento con respecto ao ano 2011, mentres que os falecidos en vías interurbanas se reduciron un 13% no mesmo período.
En Galicia, as vías urbanas rexistraron o 20,33% do total de accidentes en 2012 e o 17,19% das vítimas mortais. Na provincia de Lugo esas porcentaxes sitúanse no 28,57% e 15,15% respectivamente.
O Estado considera que o traballo nos núcleos urbanos pode redundar en importantes beneficios a curto e medio prazo, pero para elo é imprescindible a colaboración das autoridades locais competentes na material, de aí o interese deste tipo de xornadas formativas cos concellos.
Medidas para reducir a sinistralidade
A xefa provincial de Tráfico presentou este luns aos representantes municipais a posibilidade de intercambiar datos coa DXT para poñer en marcha medidas encamiñadas a reducir a sinistralidade nas vías urbanas. Entre esas accións salientan a mellora na recollida de información en materia de accidentes, a posibilidade de intervir con modificacións estructurais de baixo custe para segregar os diferentes tipos de tráfico, promovendo a implantación dos plans de seguridade vial ou, por exemplo, de camiños escolares seguros. Mencionouse tamén o uso de medidas telemáticas de control de tráfico, a adhesión ás campañas de seguridade vial que programa a DXT ou a inclusión de aspectos vencellados á mobilidade seguras nas actividades formativas que programe o municipio.
No encontro abordouse tamén a posibilidade que teñen os concellos de asinar convenios de colaboración coa DXT para seguir a traballar de xeito conxunto en mellorar a seguridade vial e dar un servizo mellor e máis eficaz aos cidadáns no que a aspectos administrativos se refire.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



