A aula da UNED de Viveiro acolle os venres 9 e 16 de maio un curso sobre a intimidade e a protección de datos que será impartido por Carmen María García Miranda. O curso impartirase en horario de 16.00 a 21.00 horas cun total de 10 horas lectivas presenciais ou por streaming nas que se abordarán os soportes da información, ficheiros de datos, nivel de protección, dereito de acceso, rectificación, cancelación e olvido; a videovixilancia, elaboración de documentos de seguridade e software adaptado para ficheiros que traten datos privados, empresas que prestan servizos en varios países ou as solucións de xurisprudencia. O prezo da matrícula -que se pode realizar on line– é de 35 euros ou 25 no caso de persoal vinculado á UNED. Os interesados poden recibir máis información no enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es ou no teléfono 982 563 601.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



