A aula da UNED en Viveiro acolle o curso “Educación infantil: de la teoría al aula a través de casos prácticos” entre o xoves 24 e o venres 25 de abril en horario de 17.00 a 21.00 horas. Son un total de 25 horas lectivas nas que os asistentes recibirán da man de Segundo Valle Lápido, Antropólogo e Pedagogo, claves en torno a hábitos saudables, educación de calidade, dinamización de reunións e implicacións dos pais, a lingua estranxeira, a diversidade, o desenvolvemento lóxico-matemático, a lectura ou a identificación de conductas sexistas nos proxenitores. O prezo da matrícula é de 35 euros ou 25, para as persoas vinculadas á UNED. As clases tanto se poden tomar de xeito presencial coma a través de streaming. Os interesados poden recibir máis información no propio centro, a través do teléfono 982 563 601 ou do enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es.
Curso sobre educación infantil na UNED de Viveiro
Curso sobre educación infantil na UNED de Viveiro
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón