A Peña O paseo de Cangas (Foz) fundada no ano 2004 por Jesús Álvarez Río e un grupo de amigos, cumpre neste ano o seu décimo aniversario. E para conmemorar esta data organiza un extenso programa de actos para todos os seus socios que ascende a setenta na actualidade. Os actos celebraránse en Cangas o vindeiro sabado 12 de abril. Ás 12 da maña en Vilasindre, Homenaxe Póstumo a Jesús Álvarez Río, socio fundador da peña. Ás 13.00 horas na Igrexa Parroquial San Pedro de Cangas Misa Cantada por socios da propia peña en memoria dos socios e familiares falecidos. Ás 14.00 horas viño español no Mesón o Paseo, amenizado con música tradicional galega. E ás 15.00 horas comida de irmandade X ANIVERSARIO DA PEÑA O PASEO.
Décimo aniversario da Peña O Paseo de Cangas
Décimo aniversario da Peña O Paseo de Cangas
Relacionado
-
Este martes tivo lugar o acto de izado da Bandeira Azul no inicio da Senda da Costa Naviega,
-
Guía tu día fará unha nova visita guiada en Burela coincidindo coas Festas Patronais o sábado 31 de maio
-
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, fixo entrega dos agasallos ás rapazas e rapaces gañadores do Certame de Narración, Poesía e Debuxo Letras Galegas 2025 na súa fase local