Foz, 21 de abril de 2014.- Persoal de corpos de Protección Civil e servizos de emerxencias de seis concellos da comarca da Mariña participan dende este luns no primeiro dos cursos de formación específica que convoca a Xunta de Galicia para o presente ano, que ten como marco o Centro de Interpretación da Mariña (Cenima) de Foz.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, participou na apertura desta programación formativa, na que participan 25 representantes destes corpos de actuación en materia de emerxencias dos concellos de Foz, Barreiros, Cervo, Viveiro, A Pontenova e Mondoñedo. Da organización e impartición dos cursos encárgase a Dirección Xeral de Emerxencias, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública.
Durante o inicio deste curso, Arias gabou o papel que xogan estas agrupacións “no marco dun sistema de cobertura de emerxencias que resulta cada vez máis profesional e eficiente”.
Arias destacou que as agrupacións de Protección Civil están “agora máis asistidas” grazas á posta en marcha de servizos profesionais de emerxencia na provincia, “pero seguen sendo igualmente necesarias”.
Na actividade de Foz, que ten por título Curso básico de Protección Civil e que serve de punto de partida para a planificación do primeiro semestre do ano nesta materia, incidirase en aspectos como a lexislación básica en materia de Protección Civil, a planificación e as redes e sistemas de alerta. Así mesmo, os participantes recibirán tamén nocións sobre comunicacións de emerxencias, seguridade viaria, primeiros auxilios e intervencións en emerxencias sanitarias, evacuacións e actitudes para auxilio psicosocial.
Este curso desenvolverase durante toda a presente semana, sumando en total 20 horas formativas e culminando o sábado coa realización dunha xornada de prácticas sobre os temas impartidos.
O curso de Foz serve de punto de partida para unha programación que nesta primeira quenda do ano aglutina outros catro cursos, o segundo dos cales terá lugar a partir do mes de maio en Monterroso, coa mesma base temática que o que se desenvolve no Cenima focense.
Así mesmo, completan o programa para este primeiro semestre un curso sobre busca de persoas en zonas illadas, un sobre incendios urbanos e forestais, e outro sobre accidentes en estradas.
A delegada recoñeceu “o traballo desinteresado” das agrupacións de voluntarios de Protección Civil, “que son de gran axuda para os concellos e que durante demasiado tempo careceron do soporte duns servizos de emerxencia profesionais próximos cos que colaborar”. Neste sentido, fixo referencia ao amplo traballo que estes grupos desenvolveron nos últimos meses para atender ás numerosas continxencias producidas durante o inverno, que nesta zona supuxeron lamentablemente a desaparición de varios persoas.
Nos últimos anos, apuntou, “habilitouse na provincia unha rede profesional e eficaz de servizos de emerxencia, con seis parques comarcais de bombeiros e sete GES, que estenden a cobertura a toda a provincia e garanten unha resposta rápida ante as situacións de emerxencia”. De todos os xeitos, subliñou, “estas agrupacións de voluntarios seguen a desempeñar un papel fundamental para os concellos”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



