Antes de que existiran outras minorías nacionais no noso país a comunidade xitana levaba centos de anos sendo discriminada política, económica e socialmente.
Ademais da discriminación da súa cultura e lingua, a comunidade xitana ten sido obxecto de discriminacións, marxinacións, persecución e exterminio.
Na actualidade so un 30% dos seus membros conseguen traballo, so un 15% dos mozos e mozas xitanas rematan o ensino secundario, conseguir unha vivenda é unha tarefa case imposible e sigue aplicándose políticas de ‘guetificación’ como no caso do Vao en Pontevedra.
Neste proceso de marxinalidade un sector dobremente afectado son as mulleres xitanas que ven como retroceden nas súas pequenas conquistas de emancipación.
A crise está ademais a servir de escusa para poñer en marcha políticas de criminalización e fomento do racismo por parte das autoridades e posterior recorte de dereitos e mesmo expulsións masivas.
Este 8 de abril celebrase ás portas das eleccións europeas e Espazo Ecosocialista fai súas as cinco propostas que solicita a Fundación Secretariado Xitano do Parlamento Europeo e das súas representantes:
1. Compromiso a facer un seguimento efectivo do cumprimento da Directiva de igualdade de trato (2000/43), da Directiva de protección de vítimas de delitos violentos (2012/29) e da Decisión Marco relativa á loita contra o racismo e á xenofobia (2008/913) e se comprometa a esixir aos estados membros reforzar os organismos de igualdade de trato e garantir a súa independencia.
2. Asuma como prioridade e lidere o obxectivo de reducir a fenda da desigualdade. Esperamos que o novo Parlamento impulse políticas específicas que promovan o acceso ao mercado laboral dos grupos máis desfavorecidos; que garanta a finalización do período obrigatorio de educación para o conxunto do alumnado xitano; que combata a segregación espacial e residencial e que garanta que os xitanos e xitanas accedan en igualdade aos seus sistemas nacionais de saúde.
3. Que garanta que os Fondos Estruturais e de Inversión se aplicarán de xeito efectivo no cumprimento dos obxectivos das Estratexias Estatais de Inclusión da Poboación Xitana, contribuíndo así ao cumprimento dos obxectivos da Estratexia Europa 2020.
4. Que dea continuidade efectiva ao Marco Europeo de Estratexias Nacionais de Inclusión de la Poboación Xitana e que tome unha posición máis crítica fronte á falla de resultados das Estratexias Estatais utilizándoos mecanismos establecidos para iso, é dicir, na aprobación do informe anual que a Comisión ten que elaborar sobre o progreso das Estratexias.
5. Que promova con maior contundencia a participación efectiva do conxunto da sociedade civil e os seus representantes, incluída la comunidade xitana, nos procesos de toma de decisións tanto no seno da UE coma nos estados membros, asegurando que é unha participación real e efectiva, non meramente formal. Asemade pedimos a creación de un Grupo de Traballo estábel sobre o progreso das políticas que afectan á minoría xitana no seo da Comisión LIBE do Parlamento (Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior).



















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



