Xestora da Plataforma de Emigrantes Retornados da Mariña.- “Disque hai que perseguir aos emigrantes retornados, pois estanse a facer de ouro coas súas pensións de xubilación do estranxeiro e encima teñen o descaro de non declaralas. De nada serve que técnicos da propia Aministración Tributaria digan que a lei é ambigua, que os convenios bilaterais non hai “dios” que os entenda, que a desinformación sexa xeralizada e se estenda aos propios funcionarios. Disque, ademais, lle botan moito morro, pois piden que se modifique unha lei para a súa comenencia, cando é unha lei inxusta coa que se prexudica ás rendas mais baixas (incluídas persoas en activo), que non queren pagar; cando o que están dicindo a quen os quere escoitar é que eles pagarán o que teñan que pagar pero que se lle quiten unhas sancións abusivas e aleivosas, que só teñen como fin recadar na parte mais débil da poboación. Din, os señores do Goberno que “FACENDA SOMOS TODOS”, os emigrantes retornados dicimos que así deberá ser pero non é. Dende que levamos loitando para a solución do noso problema, vimos como clubs de fútbol alcanzan acordos para non-pagar a débeda con Facenda, en cómodos prazos, como declaran sen cortarse que os Clubs de fútbol do Estado Español lle deben a Facenda arredor dos 750 millóns de euros (se eso é o que din non quero nin pensar cal é a débeda real), sen contar a Seguridade Social, dispositivos de antidisturbios para os partidos, dereitos de televisión que se pagan cos impostos, e un largo etcétera. “Facenda somos Todos”, mais ben parece que Facenda somos os tontos.”
Xestora da Plataforma de Emigrantes Retornados da Mariña