O sábado 3 de maio ás 20.00 horas o auditorio de Regal Xunqueira (Viveiro) acollerá, con entrada libre, o espectáculo da xira “Sesentaynueve” de José Díaz nun acto presentado por Matías Nicieza (Radio Burela) onde haberá tempo para o teatro, a música, a literatura e o deseño gráfico. Tamén intervirá Alfonso Otero Regal (ilustrador do libro), Bernardo Penabade, escritor) e José Díaz (autor). Escenificaranse 4 relatos: “La playa de las piruletas”, “Bajo la alfombra roja”, “El laberinto del placer” e “El escritor”; ademais da interpretación de “69” da man de Bile e Beto (ex Dacapo) en versións acústica e rock. Así mesmo, presentarase o dúo acústico Vis a Vis.
