Lugo, 2 de Abril de 2014. En outono de 2013 a crise derivada dos prezos baixos que reciben os/as produtores/as de leite galegos daba un respiro e os prezos recuperábanse debido principalmente á baixada de produción dos países exportadores e da súa influencia nos mercados internacionais. Deste
xeito superábase, polo menos momentaneamente, unha das peores crises do sector lácteo galego.
Agora a situación semella volver a torcerse, xa que comezan a producirse novas baixadas do prezo do leite, que aínda que xa comezaramos a detectar anteriormente, vai ser neste segundo trimestre cando esta redución se faga efectiva na maior parte da explotacións.
Temos que lembrar que os prezos que se alcanzaron ultimamente corresponden ao mínimo necesario para que a produción de leite sexa rentable, os custes de produción seguen altos ou incluso subindo e por iso o mantemento destas cantidades son necesarias para o mantemento da propia actividade leiteira.
A gran distribución é a peza chave no cadea de valor do leite, ao continuar empregando o leite como produto reclamo nas superficies comerciais baixando o prezo moitas veces a ata chegar a unha práctica ilegal pero consentida como é a venta a perdas ou “dumping”. Isto provoca que a industria tamén o baixe ao sector produtor, e que, sendo este o eslavón máis feble da cadea, é o que paga a maior parte das consecuencias desta práctica do libre mercado.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, primeiramente consideramos que esta baixada inxustificada do prezo do leite é consecuencia da falta de regulación dos mercados a nivel internacional, pero tamén da falta de interese da Xunta de Galiza e do Ministerio de Agricultura.Medidas como o paquete lácteo ou a Lei da cadea alimentar carecen de contido e de capacidade reguladora. Todo o sector produtor esperaba medidas que servisen para marcar claramente as regras polas que se terían de regular as relacións entre os distinto elos da cadea alimentar: sector produtor, transformador, comercial e distribuidor, e sobre todo no que ten a ver
con a determinación dos prezos a percibir por parte do sector produtor, en lugar diso, estas medidas serviron na práctica como mera estratexia publicitaria.
Namentres que á Xunta de Galiza se lle enche a boca anunciando o “éxito” dos contratoshomologados, a realidade é que o que podía ser unha ferramenta útil, acontece que, ao carecer dunha interprofesional láctea galega, estes contratos non serven para o que debera: fixar unha estabilidade de prezos no sector leiteiro galego.
Núñez Feijoo, con esta falta de interese deixa desprotexidas ás granxas galegas, polo que desde FRUGA demandamos, unha vez máis á Xunta de Galiza que deixe de facer propaganda e que traballe para finalmente constituir o que o sector lácteo galego precisa: unha interprofesional láctea galega.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



