CADERNOS DA VIAXE. O prestixioso constitucionalista galego, profesor Blanco Valdés, ven de se laiar da suposta “desaparición do Estado” en Cataluña e Euskadi e dunha excesiva influencia destes dous países na política xeral do Estado. Contrasta a súa opinión coa do non menos prestixioso constitucionalista galego-docente na mesma USC- profesor Pereira Menaut para quen o Estado alicérzase nunha recentralización que atenta contra a plurinacionalidade española e xera unha ineficiente concentración de recursos económicos e políticos en Madrid condenando á irrelevancia aos territorios alleos ao eixo Madrid-Andalucia-Valencia-Murcia e ás culturas distintas da cultura madrileño-andaluza como cultura de exportación española.
Non entendo moi ben o da presenza ou desaparición do Estado nos territorios. É preciso, para que o Estado estea presente, que programemos nas nosas festas touradas ou outras manifestacións culturais madrileño-andaluzas? Compre, para termos presente ao Estado, recentralizar as políticas de execución para xerar máis ineficiencia? Son precisas máis políticas de Estado prexudiciais para o País, como a desprotección do sector naval, a penalización da nosa enerxía ou a persecución fiscal dos nosos emigrantes retornados?
O Estado actual sofre dunha chea de disfuncións, nomeadamente xeradas por desenvolver na dimensión errada políticas que haberían ser europeas (defensa, diplomacia, coordinación fiscal e bancaria) ou galegas (réxime local, promoción empresarial, portos, aeroportos e demáis infraestruturas…). E xa non resposta ás necesidades dunha gobernanza moderna e non centralizada. Para alén diso, o Estado está concibido para unha España única e o traxe reventa coas realidades nacionais galega, catalá e vasca. Probábelmente, unha gobernanza en rede, confederal nas cuestións de lingua,cultura, educación, Dereito Civil e réxime local e que recoñécese o dereito a decidir dentro de determinados requisitos e procedementos, podería resolver a convivencia plurinacional española. Mais ninguén quere falar en Madrid disto.
A cidadanía galega non gaña nada na defensa da España única. A recentralización prioriza outros territorios,outras empresas e outras xentes. Desexemos, pois, que os nosos líderes, principiando polos líderes de opinión, sexan quen a ver esta realidade.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



