Un grupo de 100 gandeiros de diferentes provincias españolas e en representación de todos os productores lácteos do Estado mantiveron un encontro sen precedentes en Lugo.
A reunión xurdiu dende as redes sociais, onde profesionales do sector lácteo de todo o país puxeron en común a difícil situación que están a padecer, a falta de representación sindical en defensa dos seus dereitos e, principalmente, as ameazas da industria láctea dunha inminente reducción no prezo do leite. De cumprirse estas ameazas, explotacións de todo o país veranse obrigadas a pehcar as súas portas, en detrimento de centos de familias españolas que viven da producción láctea.
Neste encontro, os productores analizaron a situación do mercado lácteo nacional e internacional, chegando ás seguintes conclusións:
1- O único obxectivo que busca a industria cunha nova baixada do prezo do leite en España é ENRIQUECERSE a costa da ECONOMÍA PRECARIA dos gandeiros.
2- Os productores lácteos de España son os que MENOS DIÑEIRO PERCIBEN por litro de leite de TODO O MERCADO INTERNACIONAL.
3- A industria PAGA MÁIS POLO LEITE ESTRANXEIRO, que importa doUtros países, que pOla que se produce en España.
4- A industria incumpre a lei 15/2007 de 3 de xullo, capítulo 1, artigo 2, que trata do ABUSO DA POSICIÓN DOMINANTE.
5- Ante a total falta de representación sindical, os gandeiros de toda España acordan UNIRSE EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO.
6- Os Gobernos Central e Autonómicos consinten e fan caso omiso do abuso da industria cara ás 17.600 familias que viven, directamente, da producción láctea, así coma das outras miles que o fan de forma indirecta. Ante esta situación, os gandeiros están dispostos a posibles represalias contra os representantes políticos, máis preocupados das eleccións europeas que de miles de empregos españois en risco.
Por todo isto, os gandeiros porán en marcha as seguintes medidas urxentes para a supervivencia das súas explotacións:
1- Comunicar á industria de todo o país a INTERRUPCIÓN DAS ENTREGAS DE LEITE A NIVEL NACIONAL E DE FORMA INDEFINIDA, de cumprirse as ameazas de baixada do prezo do leite.
2- DENUNCIAR ANTE O TRIBUNAL DA COMPETENCIA o abuso de poder da industria cara os gandeiros, incumprindo a lei 15/2007 de 3 de xullo, capítulo 1, artigo 2.
3- Informar a todas as institucións locais e estatais da situación que está a padecer o sector primario e en especial o vacún leiteiro, en perigo de desaparición debido ás constantes reduccións dos prezos, solicitando a súa colaboración e protección.
Despois dunha primeira toma de contacto o pasado 26 de febreiro en León, a reunión en Lugo foi a primeira de moitas otras que se levarán a cabo por todo o territorio nacional. A MEDIADOS DE MAIO, os gandeiros manterán un novo encontro en León, logrando unha UNIÓN SEN PRECEDENTES NO SECTOR LÁCTEO ESPAÑOL.
Os productores sosteñen que “non estamos dispostos a seguir perdendo diñeiro mes a mes. Queremos producir leite de calidade, e facémolo, para que os consumidores poidan seguir disfrutando do alimento máis completo do mercado ó prezo que se merecen, cun mantemento sostible das nosas explotacións e do medio ambiente”.