Mondoñedo, 12 de Abril 2014.- O BNG presentou en Mondoñedo as súas propostas para buscar, tamén desde Europa, unha saída á crise que non se leve por diante aos sectores produtivos e á clase traballadora do país que, en palabras da candidata nacionalista aos comicios do 25 de maio, “están sendo esmagados por esta Europa antidemocrática e antisocial que aplaude o PP aplicando as súas políticas de recortes con entusiasmo desde Madrid e desde Galiza”.
Ese mesmo PP, subliñou Miranda, que leva como referente a Arias Cañete “que fixo que o sector agrario galego perdese 300 millóns de euros en fondos procedentes da PAC, o mesmo que bendiciu un acordo pesqueiro UE-Mauritania que deixou amarrada en porto a frota cefalopodeira galega, mentres a andaluza saía a faenar, o responsable do reparto das cotas de pesca que discriminan aos barcos do cerco”. “Cañete representa os intereses da Troika, a antítese do que defende o BNG”, sintetizou.
Nun acto para abordar as alternativas nacionalistas no actual contexto económico e social, Miranda salientou algunhas das propostas máis relevantes como a Renda social europea, “que garanta uns ingresos mínimos de supervivencia ás familias”, crear un parqué de vivendas públicas en alugueiro a partir dos pisos que teñen en propiedade os bancos rescatados con fondos europeos, -41.300 millóns de euros no caso español-.
Igualmente, aplicar o IVE supereducido a servizos básicos coma a luz, gas ou auga, e reforzar o sistema público de pensións suprimindo calquera axuda aos plans e seguros privados.
Voz, voto e veto
A que fora eurodeputada nesta lexislatura, salientou que é preciso “superar” o actual modelo da UE por unha Europa, solidaria e dos pobos, na que teña cabida unha Galiza soberana “con voz, voto e veto nas institucións comunitarias en todos aqueles temas que lle afecten directamente, sen o sometemento ao filtro da intermediación que supón hoxe o Estado español, con resultados nefastos para os intereses do país”.
Miranda fixo un chamamento á cidadanía a participar nas eleccións europeas do 25 de maio, unha oportunidade para “rebelarse” nas urnas contra os partidos salpicados pola corrupción, que aplican as mesmas políticas de sempre que favorecen ás minorías de sempre, “unha elite económica, unha caste de privilexiados a costa de espremer a xente do común, e de pretender roubarlles o futuro”.
A candidata crítica este modelo de UE “que rescata á banca especulativa, mentres deixa na estacada aos estafados por esa mesma banca a través do roubo das preferentes, que aínda ten 35.000 afectad@s en toda Galiza, a mesma que deixa sen vivenda a quen non pode pagar a hipoteca e deixa sen crédito ás familias e ás empresas do país”, subliñou.
Con Miranda participou tamén na xornada o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, o de Allariz, Francisco García, a deputada Montse Prado, Elvira Lombao, da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, Victor Vila, da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica na Mariña, Bernardo Pérez, da USC, así como responsables locais e comarcais do BNG na Comarca da Mariña.






















A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



