Mondoñedo (Lugo), 11 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo conta este ano con varias novidades como a celebración do I Obradoiro I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA na Alameda. Ademais a Comisión das Quendas tamén quere render unha homenaxe, cunha ofrenda floral, a un dos impulsores e promotores da recuperación das feiras e festas das Quendas, D. Manuel Redruello Suárez con motivo do seu 30 cabodano. Outro dos alicientes desta celebración será a carreira popular (9km), que se celebrará o sábado 3 de maio, e como actividade cultural destacada celebrarase un rueiro poético que percorrera as rúas da cidade.
As Quendas, que se celebraran os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio, contará ademais con dous protagonistas de excepción, por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. A reina das festas das Quendas 2014 é María Taboada Pena,e as damas son Natalia Novo Fernández e Melanie Lorigados Lozano.
As festas arrancan o mércores 30 de abril, e trala recepción das Autoridades no Concello, realizarase unha ofrenda floral no cemiterio vello ante a tumba de D. Manuel Redruello Suárez, con motivo do seu 30 cabodano. Miguel Souto dixo que a “Comisión de Festas quere agradecer deste xeito a labor desinteresada de quen foi o presidente da comisión que promoveu a recuperación destas feiras. Hoxe en día podemos dicir que As Quendas seguen vivas grazas a persoas coma Manuel Redruello que traballaron desinteresadamente por reivindicar e difundir a cultura de Mondoñedo”, explicou. Despois terá lugar no Auditorio Municipal o pregón de Fran Bouso, dinamizador cultural de Mondoñedo.
O día grande das Quendas, o 1 de maio, comeza no Campo da Feira coa Gran Feira tradicional de gando cabalar. Ás 11 da mañá haberá demostración de Ferrado de Cabalos a cargo de Noel Cortón. E a partir das 11:30h a Alameda dos Remedios será o escenario do I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA. “Será unha actividade aberta a tódalas persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e das empanadas, un dos produtos tradicionais de Mondoñedo. Con este evento queremos promover e dar a coñecer os segredos dun dos produtos estrela da nosa cidade. No Obradoiro participaran panadeiros de Mondoñedo”, relatou Miguel Souto.
O acento gastronómico das Quendas poñerao unha exhibición de Showcooking de cociña con Poldro galego na Alameda, no que se elaboraran 2 receitas, co fin de dar a coñecer as posibilidades deste produto á hora de cociñar. Este evento será realizado pola bogueira gastronómica Rocío Garrido Caramés quen recibiu o premio Gourmand World Cookbook pola súa publicación “Cociñando coas razas autóctonas”.
Ademais durante tódalas festas poderase degustar nos bares de Mondoñedo e no Bar o “Bigotes” a III Edición das xornadas gastronómicas da carne de poldro.
Poesía, títeres e sendeirismo
Pola tarde podemos gozar da xornada cultural con POEMAS NAS RÚAS, que percorrera as rúas co seguinte itinerario: saída da campa de Leiras Pulpeiro (cemiterio vello), Praza do Concello, Praza da Catedral, Fontevella, O Cristo e para rematar a Praza Jaime Cabot (duración aproximada: 1h30min). E ás 19:30h MONDOÑEDO É POESÍA “Recital Poético-Musical”, no Auditorio Municipal.
O venres 2 de maio o programa conta cunha “RUTA CUNQUEIRIANA”, guiada por Xosé Ruiz Rivas. Esta actividade está aberta a todo o público e guiará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense. A saída será da oficina de turismo ás 12h.
E pola tarde no Auditorio Municipal, 18.00h, Mircromina Títeres presenta:”Martín, Martín” un espectáculo de títeres e actor, ideal para gozar en familia, apto para tódolos públicos. E na Casa da Cultura, ás 19:30h, proxección de curtos, gravados en Mondoñedo polo realizador mindoniense Miguel García.
O sábado 3 de maio poderán gozar dunha RUTA DE SENDEIRISMO “Ruta da auga” (9 Kms). Saída da Praza da Catedral ás 10:30h. Actividade aberta a todo o público (duración aproximada 1h30min – 2h). Ás 16:00 h No Polideportivo Municipal de Mondoñedo , Partido de Baloncesto Ed Lourenzá-Mondoñedo vs Mercedarias Hotel el Suiz de Ferrol.
No campo da Granxa terá lugar, ás 16:30 h, a Exhibición e Concurso Hípico de Salto a cargo de Hípica Ecus de Lugo.
E ás 19:00h Carreira Popular pola Natureza, “ Ruta da Auga” (9 Kms. de percorrido). Saída da Praza da Catedral.Para inscribirse nesta competición pode facer mediante este blog http://carreirarutadaauga.blogspot.com.es/, ou ben no teléfono: 605 790091 ou no correo electrónico: raulbgra@gmail.com
Ás 22:00h concerto acústico de “ Paula Rojo”, no Auditorio Municipal Pascual Veiga cun prezo da entrada de 10€. O teléfono para reservalas é o 608 876 123.
E para rematar As Quendas o domingo 4 de maio ás 19:00 h Xoldra Teatro ofrecerá a representación dunha obra teatral tamén no Auditorio.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



