Rematou o Segundo Festival de Cine de Alfoz o pasado sábado, día 5 de abril. A Casa da Cultura acolleu a proxección do filme “Vilamor”. Contamos coa presenza do seu Director, Ignacio Vilar, que nos foi contando os detalles da súa gravación nas terras de Negueira de Muñiz, así como da gravación da súa nova película, “A Esmorga”, que vén de rematar estes pasados días. Contamos tamén coa presenza de Manuel Lourenzo, un dos actores en “Vilamor”, que participou no coloquio, moderado, como é habitual, por Xabier Pardiñas e que tamén contou coa presenza de Matías Nicieza, locutor de Radio Burela, Director de cine e membro do Seminario de Estudos do Valadouro.























Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



