O grupo de Montaña de Tapia organiza, o domingo 27 de abril de 2014 o III ENCONTRO DE GRUPOS ASTUR-GALAICOS”, uns encontros que se emprezaron a organizar o pasado ano a un ritmo de dous por ano: un en Galicia e outro en Asturias nos meses de outubro e abril, respectivamente. Así, nesta ocasión está prevista unha ruta con saída dende Tapia ás 08.45 horas; pero con dúas versións: unha longa e outra curta guiadas por José Luís Peruyeiro e Diego Fernández, respectivamente. No primeiro caso percorreranse 20 quilómetros de dificultade media-alta entre La Roda e Tapia pasando por Pico Faro e Porcía. No segundo caso o percorrido cultural será polo casco de Tapia. Os interesados poden informarse e inscribirse ata o 24 de abril nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 ou 608 540 828.
III Encontro de grupos astur-galaicos
III Encontro de grupos astur-galaicos
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón