A exposición “Coas nosas mans 2003-2014”, que inclúe centos de pezas de encaixe elaboradas nos cursos de palillar, tanto nos que organiza o Concello como os que imparten as profesoras Mariluz Méndez e Modesta Lombardero e que foron cedidas con motivo da exposición, foi inaugurada este venres. Nela pódense ver pezas de vestir, complementos ou roupa do fogar tanto para bebés como para nenos e adultos. O horario de visitas é de 9 a 13:30 e de 17 a 20 de luns a venres e os sábados e domingos de 17 a 20 horas ata o 20 de abril. Este sábado 5 de abril con motivo da celebración do XI Encontro de Palilleiras, a mostra terá un horario de 10.30 a 19.00 horas.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



