Os vindeiros 10 e 11 de maio disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá o Play Off de Ascenso para buscar unha praza entre os equipos clasificados do 2º ó 5º que dispute o Ascenso a Nacional xunto co Universidade de Salamanca.
O sábado 10 de maio serán as semifinais ás 17:00 e 19:00 horas.
O domingo 11 de mario celebrarase a final ás 12.30 horas; mentres que o partido entre o 3º e 4º posto se celebrará ás 10.30 horas.
Segundo a clasificación actual, os equipos da Primeira División feminina que disputarían ese Play Off serían: E.D. Lourenzá Ensino (42 puntos), Calasancias (40 puntos), Sondeos del Norte Maristas (39 puntos) e Universidad de León – B. F. León (39 puntos).