San Ciprián, ” sempre rente ó mar” que cantou Celso Emilio, marcou a vocación marñeira e navegante dos seus fillos, dende os tempos heroicos da navegación a vela, como con galanura relata nos seus libros o doutor don Fernando Pardo, un namorado da súa historia; ou sexa do seu mar e das súas xentes, ofrece ós padais, a regalía da variedade culinaria dun producto mareiro, modesto e tradicional, que forma na ringleira de recursos populares que a despensa inesgotable, se o home a respecta, que é a inmensidade mariña. Falamos do mexilón, espallado por tódolos mares, e que, hoxendía, ten un grande interese económico ó medrar o seu consumo dado o valor nutritivo e sabor agradable, a facilidade de cultivo e o rápido crecemento. Aínda que Galicia é o primeiro país productor do mundo, e tratarse dunha realidade da nosa culinaria, por estes pagos o consumo do popular molusco é baixo, e a oferta dos mesmos na hostelaría, reducida, a pesares da ductilidade do mesmo e dos infinitos posibles na oferta de apetitosos manxares. Jorge V.Sueiro, amigo inesquecible, xornalista e gastrónomo, no libro “Comer en Galicia”, dí: “Os mexilóns permiten unha longa serie de preparacións, Dende abertos ó vapor ata en guisos varios, tortillas, empanadas, con salsas, ó forno..”, e ofrece unha receita enxebre, mexilóns con cachelos, ben simple. Aí vai: auga de mar ou doce ben salgada; patacas enteiras ou cortadas á metade, con monda; un par de cebolas en metades, dúas follas de laurel e un chorro de aceite. Os cachelos a medio facer, poñer enriba mexilóns coa cuncha, limpos. Abrirán nun anaco, e a servir; gastrónomos e cociñeiros da terra: Emilia Pardo Bazán, “Picadillo”, Julio Camba, Cunqueiro, Paco Peixó…ofrecen un amplo abano dende o mexilón ó natural, en escabeche, con arroz, á mariñeira, con salpicón, en cuncha de vieira, encapotados…ata ledicias mais sofisticadas. As degustacións que servirán no pobo veciño rivalizarán coa oferta mais variada, levando ós padais novas e gratificantes sensacións servindo de xeneroso pórtico ás xornadas bulliciosas do verán, tan preto.
Suso Fernández


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



