O Burela FS Pescados Rubén volve colocarse baixo os focos para facer chegar a súa especial idiosincrasia a todos os recunchos do mundo, unha forma de vivir, sentir e gozar do fútbol sala que fan da entidade mariñá un CLUB ÚNICO.
Nunha tempada na que os soños laranxas non teñen límite, cunha espectacular recta final, coa pelexa polos play off en Primeira LNFS, a loita polo título en Primeira RFEF e ata a esperanza de ascenso desde Terceira División, a gran familia laranxa ponse ante as cámaras para marcarse novos desafíos, pensando xa na continuidade dun proxecto, en 2014-15, cimentado no apoio de afeccionados, colaboradores e patrocinadores.
Porque hai moitos motivos para apostar por nós… pero, sobre todo, porque somos ÚNICOS!
Ver vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=bsxKu3u6kfQ.