Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1º) Existen varios terrazos rotos e outros que faltan nas aceras da Ponte da Misericordia, o que resulta perigoso para os viandantes, polo que ROGAMOS ó equipo de Goberno que se realicen os traballos necesarios para a súa reposición
2º ) En distintas parroquias e barrios do Concello ( Covas ,Escourido , Pallaregas , a Parrela, A Rega , Celeiro , Galdo , Vieiro , Camiño Vello de Viveiro , Ameixoa e Camiño de Costeira en Area) encontramos pistas e estradas con moitas fochancas desnde fai xa algún tempo, polo que ROGAMOS ó equipo de Goberno que proceda o seu asfaltado a maior brevidade posible para dar solución a esta situación.
3º) Na carretera LU-P-6607, entre Valcarría e Penas Agudas, no km 2 aproximadamente desta estrada, hai unha ponte chamada de Cancelo, onde supoñemos que algún camión tirou un petril da ponte quedando uns ferros da barandilla en situación perigosa tanto para ciclistas como motoristas; como queira que esta ponte leva nesta situación case un ano e polo que lle ROGAMOS á Alcaldesa que teña a ben solicitar á administración que corresponda a reparación do mencionado petril desta ponte.
4º) Algúns veciños da Rúa Grande de Celeiro teñense dirixido o noso grupo, para manifestarnos os inconvintes que lles provoca no seu día a día, o feito de que se aparque indiscriminadamente nesta rúa, en especial no tramo que vai dende a igrexa hacia a praia. Mesmo algún deles se ten dirixido ó Concelleiro de Seguridade Cidadá comunicándolle esta incómoda situación, sin que ata o momento se teña producido resposta algunha por parte do Concello en aras de dar solución a esta problemática. Por este motivo, ROGAMOS á Alcadesa que se adopten as medidas necesarias para que esta situación non se repita e os veciños desta zona poidan acceder con normalidade as súas casas.
5ª) Veciños da parroquia de Galdo dirixironse o noso grupo para informarnos de que teñen solicitado en numerosas ocasións, que se lles puxeran contenedores de vidrio e de papel na Feira de Galdo, preto de onde de atopa o bar. Como queira que a día de hoxe non se lles deu resposta a esa solicitude e polo que ROGAMOS á Alcadesa que atenda esta petición e coloque os mencionados contenedores nesa zona.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



