O Teatro de Ribadeo acollerá o domingo 13 de abril o acto de presentación do libro de relatos curtos SESENTAYNUEVE, de José Díaz, a partir das 20.00 horas con entrada libre e a colaboración do Concello de Ribadeo. Intervirán José Díaz (autor), Alfonso Otero Regal ( ilustrador), Bernardo Penabade (profesor e escritor), Luís Miguel Yañez (actor que escenifica o relato El escritor), Cristina Blanco Basanta-alumna do IES Perdouro- e Matías Nicieza, locutor de Radio Burela (lectura de relatos), Beto e Bile (interpretan a canción “69”, escrita por Jose Díaz).























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



